Enrere

CEIP A Rúa (Cangas) - Ficción

Os nosos primeiros planos do mundo

Ficció - Plans del món

Ola a todos e todas os/as participantes de Cinema en curso.

Xa temos os nosos planos editados, queremos amosarvos a nosa selección e o que teñen en común.

Algúns filmamos pola mañá nos amenceres, outros pola tarde no solpor, como se di, nas “horas máxicas”. Todos teñen en común que están filmados dende lugares da nosa vila especiais para nós.

Cando imos filmar inspirámonos nas luces de Chantal Akerman, as cores do ceo de Jonas Mekas, a correspondencia e os reflexos de Isaki Lacuesta, os horizontes de Benning, as ventás de Perlov...

Ángel Santos, que é o cineasta que nos axuda neste proxecto , ensinounos a usar as funcións principais do VideoPad para comezar a editar os nosos planos.

Unha aperta dende Cangas.

Articles del taller: CEIP A Rúa (Cangas) - Ficción (25)