Enrere

CEIP A Rúa (Cangas) - Ficción

Montaxe compartida

Ficció - Plans del món

Xa sabemos montar co VideoPad! Queremos contarvos como nos organizamos para facelo. Ó principio os nenos que tiñan máis experiencia en montar planos axudábannos ós que aínda non o fixéramos pola nosa conta. Tivemos que tomar decisións entre os dous: que parte do plano seleccionar, gravar o off e decidir onde iría, se tería título ou non, como organizar as carátulas... Traballando entre dous sentímonos ben porque aínda que algúns saben manexar o programa, explícannos pero nos deixan facer.

Deixámosvos aquí os novos planos do mundo que  editamos:

  • O paso do tempo, de Xoel
  • Amencer, de Xaime
  • A última luz do día, de Teo
  • As miñas luces, de Mar
  • A cor do ceo e as formas das nubes, de Lúa
  • Vento e néboa, de Joel
  • Amencer dende a miña ventá, de Adri

 

 

Articles del taller: CEIP A Rúa (Cangas) - Ficción (25)