Enrere

CEIP A Rúa (Cangas) - Ficción

Parámetros para emocionar

Ficció - Visionats: Fragments a classe - Paràmetres

Ángel contounos que os/as cineastas utilizan os parámetros para emocionar. Como queremos facer unha película de ficción que fale de emocións, de mirar cara adentro, é importante que coñezamos os distintos parámetros a través de diferentes fragmentos de cineastas e así logo utilizalos con intención.

Comezamos visionando como Garrel e Van der Keuken modifican a luz e a exposición nos rostros, estáticos ou movéndose, completos ou por partes. Dous grupos gravamos o rostro dalgúns compañeiros/as á maneira destes dous cineastas. Tivemos que tomar decisións cinematográficas como elixir a ventá en función do tipo de luz (dura ou suave), modificar a entrada de luz subindo ou baixando as persianas ou variando o iris, elixir a posición do rostro ou a parte que iamos filmar, ver se a cor da roupa era a axeitada, variar a distancia entre a cámara e o actor/actriz...

Falamos de que nos transmiten as escenas nas que Antonioni, Kore-Eda, Wenders e Cassavetes fan uso das ópticas, tendo sensacións diferentes: tristura nalgúns casos, incomodidade, abandono, estrañeza noutros. Fomos ó patio e dous grupos filmamos utilizando as diferentes ópticas: normal, angular e tele.

Filmando con óptica angular

Filmando con óptica normal

Filmando con óptica tele

Foi especialmente chamativo para nós o uso do “desenfoque desexado”, o flou de Godard, que semellaba a cadros de mil cores. A nosa profesora, Ana, comentounos que lle lembraba ós impresionistas. Falamos deste movemento pictórico e a súa relación co desenfoque, fuxindo do realismo, e buscamos na web un cadro de Monet: “Impresión do sol nacente”(1872). Ó día seguinte, dúas compañeiras trouxeron espontáneamente cadros de Monet para o noso muro do cine. Foi moi bonito imaxinar que serían eses puntos de cores e logo, cando enfocou, ver que se convertían en coches que circulaban.

 

Monet,“Impresión do sol nacente” (1872)

Godard,“Nouvelle vague” (1990)

O uso da cor no travelling de Akerman deunos sensación de frío, non só pola paisaxe, senón tamén por eses azuis que nos deixaban conxelados. Máis cálida nos pareceu a luz no rostro do neno en “Nadie sabe”.

De seguido, tedes un pdf co detalle das sesións.

Articles del taller: CEIP A Rúa (Cangas) - Ficción (25)