Proxección no CGAI, 14 de xuño
O venres 14 de xuño os participantes dos tres obradoiros de documental e un de ficción de Cinema en curso en Galicia presentaron as súas películas no CGAI:
'Arredor do día. Retratos na Terra de Montes' do Ceip de Tenorio (Cotobade), 'Os pes na auga. As mans na terra' do Ies de Fene (Fene), 'O borboriñar das insuas' do Cpi Manuel Suárez Marquier (O Rosal) e 'Entre silencios' do Ceip A Rúa (Cangas).
Despois de cada proxección, o grupo presentou o seu filme explicando o proceso de creación
Despois de cada proxección, cada grupo de alumnos explica o seu proceso de creación e comenta a película con outro grupo que previamente viu e analizou a súa curtametraxe.
Fotografías: Tamara de la Fuente