Itzuli

CEIP A Rúa (Cangas) -

Visionamos dous travellings de autor/a

Dokumentala - Ikuskaketak: Pelikulen atalak klasean - Gogoetak, balorazioak, zinema hitzak

"Yi Yi”, de Yang

Imaxinamos o plano. Uns escoitaremos o son e imaxinaremos as imaxes. Outros, veremos as imaxes e imaxinaremos o son. Finalmente veremos o plano íntegro. Toda unha sorpresa!

  • Imaxinamos as imaxes:

- Paréceme que no plano o protagonista está nun coche, escoitando  o que falan as persoas e recordando unha melodía moi bonita interpretada a piano, mentres hai ruidos dos coches ao pasar por diante e unha breve choiva. (Raquel)

  • Imaxinamos o off:

- Imaxino que se escoita o son dunha morea de coches e algunha xente falando. (Amira)

- Imaxino que vai en coche, o son do automóbil e unha música que escoita. (Noa)

- Imaxino os coches ó pasar e o ruido da xente. (Anxo)

- Imaxino ruido de coches moi forte e de persoas falando, tamén se escoitaría o vento. (Yasmine)

  • Despois de ver o fragmento: 

- Había unha persoa falando en inglés e unha música de piano. Era moi bonito. Parecía que unha persoa marchaba moi triste. Eu estaba moi emocionada. (Yasmine)

 

"D'Est"(2), de Akerman
(posta en común)

  • Chamoume a atención as árbores do principio (natureza) e a xente camiñando (movemento). As luces captan a túa atención na escuridade. Os cambios de ritmo: vese natural, menos aburrido. (Amira)
  • Escoitábanse os ruidos dos coches, trenes, os pasos na neve, o vento... (Yasmine)

Viewings: Movie clips

Edward Yang
Yi Yi 2000 [Clip]
Chantal Akerman
D’Est De l'Est 1993 [Clip]

Workshop diary: CEIP A Rúa (Cangas) - (53)