Itzuli

CEIP A Rúa (Cangas) -

Visionamos planos de autor/a

Dokumentala - Ikuskaketak: Pelikulen atalak klasean - Gogoetak, balorazioak, zinema hitzak

"O sol do marmeleiro", de Victor Erice

Nesta película Victor Erice filma como o artista, Antonio López, pinta un cadro dunha árbore, un marmeleiro, que ten no eido da súa propia casa. Os cadros de Antonio López caracterízanse polo seu hiperrealismo, asemellan fotografías.

¿Cantos planos vimos? 6

1- Torre España. O pirulí.

2- casa-tren

3- casa-tren

4- achégase ó edificio

5- outro do mesmo edificio máis elevado

6- cabalete e marmelo

  • Gustáronme os encadres, o son do tren. Non me gustou que cada fragmento durase tan pouco. (Xulia)

Debedes ter en conta que este fragmento está dentro dunha película e aí ten sentido ese ritmo. Danos moita información. Pasan moitas cousas. É bonito como enlaza os diferentes planos co son do tren a través da montaxe: mantén o son dos coches e, en parte, o do tren.

  • Utiliza luz azul. (Candela)

Modificou o ton da película na montaxe, é azulado. Tamén aparecen luces brancas e amarelas.

  • Cando rematan os planos, vai baixando a intensidade do son. (Abril)

Pasa do grande (plano xeral do pirulí) ata o pequeno (o marmelo), máis pechado. Os dous teñen un elemento vertical.

  • Gustoume cando se vai achegando ó edificio (Nerea N)

  • Chocoume que fose de noite polo título do fragmento. (Raquel)

"D'Est", de Akerman (retrato)

Concentrada, sorría.

 

É interesante que pensedes que a xente pode estar queda fronte á cámara. "A ville Louvre" é un retrato onde varios/as traballadores/as miran á cámara. Se é unha persoa maior, colle moito valor porque amosan a experiencia, o paso do tempo: as enrugas, o pelo, a mirada...

Este retrato non é tan pechado. Que información nos dá?

É unha casa, ventilada, antiga.

 

Hai dúas cuncas, compartiu un momento coa cineasta.

Fálanos de como é unha casa no leste. Está retratando a unha persoa na súa casa. Fálanos dela. Onde retratar a esa persoa, con que luz, se é un plano aberto ou pechado... dinos moitas cousas desa persoa retratada.

Os dous son planos amplos, no primeiro permanece queda, no segundo móvese. Hai algo cotiá. Non fala. É natural. Vai abrigada, vai frío. Pensade en persoas que vós podedes retratar: persoas maiores, que coñezades ben, en lugares que vos falen del/dela, en momentos cotiás...

Viewings: Movie clips

Víctor Erice
El sol del membrillo Dream of Light 1992 [Clip]
Chantal Akerman
D’Est De l'Est 1993 [Clip]

Workshop diary: CEIP A Rúa (Cangas) - (53)