Proxección no CGAI, 15 de xuño
O pasado 15 de xuño os participantes dos catro obradoiros de documental de Cinema en curso Galicia presentaron a súas películas no Cgai.
Despois de cada proxección, cada grupo de alumnos explica o seu proceso de creación e comenta a película doutro grupo que previamente viu e analizou a súa curtametraxe.
Participan: Ceip A Rúa (Cangas), Ceip de Tenorio (Cotobade), Ies de Fene (Fene) e Cpi Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro).