Proxección en Filmoteca de Galicia, 16 de xuño
O 16 de xuño celebramos en Filmoteca de Galicia a estrea das películas Cinema en curso 2022-23!
Catro grupos de nenos, nenas, mozos e mozas presentaron as súas películas e dialogaron con outros asistentes, participantes e convidados. Os diálogos foron xenerosos e xurdiron interesantes reflexións sobre os procesos da película: a concepción do filme, a rodaxe, a montaxe… e tamén emocionantes comentarios sobre a importancia de compartir os procesos cos seus compañeiros e compañeiras.
As películas estreadas foron:
O pasar do tempo (CEIP de Tenorio, Cerdedo-Cotobade)
Arkhé. O fluír do tempo (IES As Mariñas, Betanzos)
A pegada que deixas (CEIP Plurilingüe A Reigosa, Ponte Caldelas)
As distancias (CEIP A Rúa, Cangas)