Voltar

CEIP A Rúa (Cangas) - Ficción

Imaxinando o off de "El cielo gira"

Ficción - Visionamentos: Fragmentos en clase - Planos do mundo

Esta vez a proposta era diferente á de Pelechian. Visionando o plano do mundo "El cielo gira" de Mercedes Álvarez, en pequenos grupos, tiñamos que imaxinar o off.

Había dúas consignas: 

- Escribir unha frase sobre fondo negro.

- Escribir un texto para o audio.


Previamente, escribimos entre todos e todas consellos para facer o off:

 

Reflexionamos como facer un off

  • Non pode ser moi longo. Debe ser algo resumido.

  • Non pode ser excesivamente breve.

  • Podes falar da situación en que gravaches; lugar, hora, persoa retratada...

  • Soe falar de emocións. Nalgunhas ocasións é frío e distante (como en News from home).

  • Pode falar do/a cineasta na que te inspiraches.

 

 Aquí recollemos os textos creados:

 

 

 

   

                                                                        Varios momentos do obradoiro

Visionados: fragmentos

Mercedes Álvarez
El cielo gira El cielo gira 2004 [Fragmento]

Artigos do obradoiro: CEIP A Rúa (Cangas) - Ficción (25)