Participamos no festival 'Novos Cinemas'
Imos contarvos a nosa experiencia no festival “Novos Cinemas” que se celebrou en Pontevedra.
Primeiro vimos a correspondencia dos compañeiros/as de Bordils e logo proxectouse a nosa, despois os nosos planos e os do colexio de Tenorio.
Máis tarde proxectaron a curtametraxe “Volta ao cole” que trataba dun neno moi fedello chamado René que en vez de ir á escola, tiraba a carteira ao río e logo pasábase toda a mañá alí.
Chamounos a atención:
-Cando o neno nadaba e o cineasta filmábao dende unha posición alta.
-Gustárannos moito os planos da correspondencia de Bordils, sobre todo o plano do final porque tiña cores de outono e polos reflexos das árbores no regato.
-Encantounos o Travelling de Tenorio, baixando polo monte, as follas das árbores tiñan unhas cores de outono espectaculares e a perspectiva do plano cando había curvas dábache a sensación de estar alí.
Gustounos moito porque coñecemos aos nenos/as do colexio de Xunqueira 2 e aos de Tenorio.