Voltar

CEIP A Rúa (Cangas) - Ficción

Experiencia de luz e rostro

Ficción - Luz e rostro

Imos contarvos a nosa experiencia no Obradoiro de Luz e Rostro. Para inspirarnos, na clase visionamos planos de Philippe Garrel (“ Elle a passé tant d’heures sous les sunlights”) e de Naomi Kawase (“Shara”). De Garrel, aprendemos a seguir o rostro coa cámara e a expresar os sentimentos coa mirada. De Naomi Kawase a seguir o personaxe en movemento, facendo planos abertos e pechados.

Como non podiamos ir todos xuntos filmar, fixemos grupos de 5 persoas máis un actor/actriz. Tivemos que repartirnos as funcións: cámara, director/a e script. Os directores/as colocaban o actor/actriz de xeito que lle dese unha luz especial no rostro. Decidimos se a luz era artificial ou natural e se queriamos reflexos ou non. Tamén vimos como nos gustaba máis o plano, aberto ou pechado. Aprendemos que co iris podemos regular a entrada de luz e co focus podemos elixir entre enfocar ou desenfocar fondo ou personaxe.

Foi unha experiencia emocionante e complexa. Estar serio diante da cámara, estar pendente do plano, actuar con naturalidade e seguirlle o rostro ó actor/actriz foi difícil pero sentímonos xenial sendo aprendices de cineastas.

Neste momento estamos a gravar retratos de luz e rostro con móbiles, tablets... Os retratos que fixeron os compañeiros/as de Bordils servíronnos de inspiración.

Aquí vos deixamos os planos que filmamos no obradoiro.

Visionados: fragmentos

Naomi Kawase
Shara Shara 2003 [Fragmento]
Philippe Garrel
Elle a passé tant d'heures sous les sunlights... 1985 [Fragmento]

Artigos do obradoiro: CEIP A Rúa (Cangas) - Ficción (25)