Presentámonos!
Ola!
Somos os rapaces e rapazas de 6º do CEIP de Tenorio.
Somos 20, e hai un pouco de todo nesta clase. Este 6º é o "preferido" do colexio (porque é o único), non podemos ser mellores!
Imos facelo moi ben, porque podemos e queremos facelo así!
Sentímonos moi afortunados por ter a oportunidade de participar en Cinema en curso.
Os días que compartimos co noso cineasta Marcos, aprendemos moito e tamén nos divertimos. A verdade é que queremos ser cineastas!
Ogallá a nosa amizade sexa máis forte grazas a este proxecto.
Unha aperta moi forte!