Itzuli

CEIP de Tenorio (Cotobade) -

Presentámonos

Fikzioa - Gure aurkezpena

Ola compañeiros e compañeiras!

Somos Lucía, Javi, René, Diego, Xoán, Paula, Sara G, Neli, Noa, Julia, Alba, Gabri, Pablo, Carolina, Sara R, Sabela, Isma e Joel. Estudamos 6º de Educación Primaria no CEIP Plurilingüe de Tenorio, en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

O ano pasado participamos no proxecto de Fotografía en Curso, onde aprendemos a valorar o que temos ao noso redor, ademais de traballar en equipo para conseguir o mellor dos resultados. Alegrámonos moito cando nos deron a nova de que íamos participar neste proxecto tan especial.

Estamos moi felices de ter esta oportunidade para seguir traballando cos compañeiros e vivindo novas experiencias da man dos profesionais que nos van acompañar neste camiño.

Fainos especial ilusión compartir as nosas filmacións con outros centros, así como ver os seus traballos. Estamos impacientes por ver os vosos filmes! Intentaremos facelo o mellor posible e que vos agraden os nosos traballos.

Workshop diary: CEIP de Tenorio (Cotobade) - (20)