Preparándonos para o Día dos Planos do Mundo
Preparámonos para mañá, Día dos Planos do mundo!!
Colgamos un cartel na nosa escola para que os compañeiros do Instituto que está ao carón e fixeron Cinema en curso noutras edicións, se lembren do Día dos Planos do mundo e poidan compartir con todos os seus planos!
Tamén preparamos un padlet para ubicar todos os centros cos que compartiremos o día de mañá filmando planos do mundo! E tamén ao longo de todo o curso!!
Mostramos por aquí tamén unhas capturas dalgúns dos nosos primeiros planos do mundo!