Presentámonos!
Ola!
Somos os nenos e nenas de sexto de primaria do CEIP Plurilingüe de Tenorio, unha escola de Pontevedra, Galicia.
O noso centro leva participando xa moitos anos neste proxecto tan emocionante, e a nós fainos
moitísima ilusión ser os primeiros do cole en facer unha película de ficción. Ademais, este vai
ser o noso segundo ano en Cinema, xa que o ano pasado tivemos a sorte de filmar un
documental sobre a panadaría de Nito coa cineasta Carla Andrade.
Xa comezamos a filmar planos do mundo, estamos desexando que chegue o día 12 de
novembro para poder ver os de todos os demais e compartir os nosos.
Estamos desexando ver novos referentes, que nos axuden a encamiñar a nosa película. Temos
moitas ganas de coñecer a Ángel Santos, o noso cineasta deste curso, e de aprender moitas
cousas novas sobre o cinema.
Bo comezo para todxs!
Somos Andrea, David, Estela, Diego C., Iris, Mateo, Luna, Nico, Yoel, Diego G., Carlos, Esteban, Noemi, Uxía R., Brais e Uxía V.