Presentámonos!
Ola! Benvidas a todas e todos! Somos o alumando de 6º do CEIP Plurilingüe de Tenorio, unha pequena escola de Pontevedra, Galicia.
Estamos moi ilusionados de participar neste proxecto. O ano pasado fixemos un traballo de fotografía sobre a contorna galega e este ano gustaríanos compartir con vós planos da nosa contorna: paisaxes, árbores, monumentos, folclore, tradicións, gastronomía... A fotografía axudounos a fixarnos máis nos pequenos detalles que nos rodean e agardamos que este ano o cinema nos abra un novo camiño cheo de posibilidades.
Estamos comezando a observar atentamente todo o que temos arredor e filmar planos do mundo; e somos conscientes do afortunados que somos de vivir nun lugar tan especial.
Desexámosvos moita sorte nos vosos proxectos e estamos desexando ver os vosos planos.
Bo curso para todas e todos!


 
                       
             
             
             
             
             
             
                   
             
             
             
             
             
             
             
             
             
             
             
             
            