Coa ilusión dun novo proxecto de cinema
Somos o alumnado do CEIP de Tenorio e estamos moi orgullosos de participar neste proxecto tan fascinante, que é Cinema en Curso.
Levamos varios anos esperando a que chegue este momento. Traballar en equipo, aprender a gravar, editar e publicar a nosa película! Que emocionante!
Con este programa esperamos aprender moitas cousas novas: mirar a paisaxe doutra maneira, apreciar máis o noso entorno, visionar películas de grandes directores e aprender con eles a ver con ollos de cineasta.
O noso concello é un lugar rico en natureza e patrimonio: muíños, fontes, petróglifos... Sería marabilloso mostrar a través de esta experiencia a riqueza da nosa contorna. Así que estamos esperando con ilusión a que chegue o noso cineasta, para aprender e compartir con tod@s vós.
Un saúdo para todos os centros participantes!